Luns, 27 de febreiro de 2017
[27-02-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Recurso Humanos, informa da lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a selección dun capataz e dous peóns para a formación dunha brigada de espazos naturais do Concello de Ames. O prazo de subsanación de documentación remata o vindeiro 7 de marzo de 2017. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.