Martes, 19 de febreiro de 2019
[19-02-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto polo que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de linguaxe musical para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Dáse un prazo de cinco días hábiles, que remata o vindeiro 25 de febreiro do 2019, para a presentación de alegacións. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito decreto.




