Martes, 26 de decembro de 2017
[26-12-2017] O departamento de Persoal fai público o anuncio polo que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a selección e contratación, con carácter temporal e a xornada completa, de dous postos de persoal laboral na categoría de técnico medio de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión X 2017-2018”. Establécese un prazo para a subsanación de documentación ata o 29 de decembro de 2017. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.




