Martes, 06 de setembro de 2016
[06-09-2016] O Concello de Ames fai pública a relación definitiva de alumnado admitido e suplente no obradoiro de emprego RenovAmes-Brión. Este obradoiro terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o listado definitivo de alumnado admitido e suplente.