Martes, 26 de novembro de 2013
[26-11-2013] O departamento de persoal do Concello de Ames fai pública a lista definitiva de admitidos/excluídos do proceso para a provisión, polo procedemento de urxencia, de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral para o desenvolvemento das accións previstas no programa integrado para o emprego "InserAmes-Brión 2013-2014". Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista. Ademais, poderás consultar o lugar e as datas onde se realizará a baremación, correspondente á fase de oposición, e a proba correspondente á fase de oposición.




