Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo de creación de listas de agarda de oficial de carpintería

Mércores, 23 de marzo de 2011

[23-03-2011]

O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo de creación dunha lista de agarda, destinada á realización de contratacións temporais de oficiais de carpintería para cubrir ausencias, necesidades ou reforzos de servizo na brigada de obras do Concello de Ames.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.