[02-02-2011]
O departamento de persoal informa sobre o decreto coa lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso de selección para a contratación temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada, cunha duración dun ano, dun/dunha técnico de grado superior, psicólogo/a, para o departamento de Benestar Social e Igualdade.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.




