Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación dun axente de tecnoloxías da información e comunicación (Axente TIC)

Mércores, 06 de xullo de 2011

[06-07-2011] O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación dun axente de tecnoloxías da información e comunicación (Axente TIC). Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.