Martes, 30 de maio de 2017
[30-05-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Recurso Humanos, informa sobre a resolución pola que se aproba a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de 6 vixiantes das piscinas descubertas municipais do Concello de Ames durante o verán de 2017. A baremación dos méritos terá lugar o 1 de xuño e o primeiro exame da fase de oposición será o día 5 de xuño de 2017. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita resolución.




