Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores/as á lectura

Venres, 27 de xaneiro de 2017

[27-01-2017] O Concello de Ames publica a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de animadores/as á lectura para as Bibliotecas municipais do Concello de Ames. A data para a baremación de méritos será o día 1 de febreiro de 2017, ás 10:00 horas. Na baremación só ten que estar presente o Tribunal, non os aspirantes. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.