Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral para o programa InserAmes-Brión VIII

Mércores, 05 de agosto de 2015

[05-08-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de admitidos e excluídos do proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.

A baremación do proceso está prevista para o día 7 de agosto de 2015, ás 12:00 horas, mentres que o exame da fase de oposición será o día 11 de agosto, ás 11:00 horas, no centro de formación de Aldea Nova, onde terán que presentarse ás 10:30 horas todos os aspirantes para o seu chamamento. A lectura do exercicio por parte dos aspirantes será o día 12 de agosto, a partir das 09:00 horas.