[27-05-2016] O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. Ademais, infórmase que a realización da baremación, correspondente á fase de concurso, terá lugar o vindeiro día 31 de maio de 2016, ás 09:00 horas, nas dependencias da Casa do Concello, onde deberá presentarse exclusivamente o Tribunal para dito fin.
Por outra banda, convócase aos/ás aspirantes para a realización do exercicio correspondente á fase de oposición, que terá lugar o día 3 de xuño de 2016, ás 11:00 horas. Os opositores deberán presentarse, provistos do DNI, ás 10:30 horas, no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, sito na Rúa Costaneira, número 2, Urbanización Aldea Nova (Ames). Tamén se convoca o Tribunal ás 09:00 do mesmo día no salón de plenos da casa do Concello, co obxecto de confeccionar o exercicio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.




