Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

Venres, 30 de maio de 2014

[30-05-2014] O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da baremación correspondente á fase de concurso terá lugar o vindeiro día 3 de xuño de 2014, ás 9:00 horas, nas dependencias da Casa do Concello. A realización da proba correspondente á fase de oposición terá lugar o vindeiro día 5 de xuño de 2014, ás 11:00 horas. Os opositores deberán presentarse provisto do DNI, ás 10:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do DNI e do material necesario para a realización da proba. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto coa lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais.