Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

Venres, 27 de maio de 2011

[27-05-2011] O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da baremación de méritos terá lugar o vindeiro día 1 de xuño de 2011, ás 12:00 horas, nas dependencias da Casa do Concello. Mentres que a realización da proba teórica terá lugar o vindeiro día 6 de xuño de 2011, ás 10:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, sito na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do D.N.I. e do material necesario para a realización da proba.