Pestanas principais

Lista cos nenos/as admitidos/as na campaña de Esquí de 2017 que organiza a Deputación da Coruña na estación invernal de Leitariegos

Martes, 24 de xaneiro de 2017

[24-01-2017] Este martes, 24 de xaneiro, realizouse un sorteo público no que se elixiron os nenos e nenas que obtiveron praza na campaña de Esquí de 2017, que organiza a Deputación da Coruña na estación invernal de Leitariegos. Nesta edición inscribíronse 34 rapaces e rapazas. Debido a que ao Concello de Ames lle corresponden 12 prazas houbo que realizar dito sorteo. Deste xeito, os 12 usuarios/as elixidos serán os que obteñen praza. Ademais, queda unha lista de agarda composta por 22 persoas. Os nenos e nenas amesáns participarán neste programa do 19 ao 24 de marzo.

O Concello de Ames participa un ano máis na campaña de Esquí 2017, que organiza a Deputación da Coruña entre o 19 de febreiro e o 31 de marzo. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí. Esta actividade está dirixida aos rapaces e rapazas nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, residentes en calquera municipio de provincia da Coruña.

Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a.