[17-08-2016] O Concello de Ames publica a lista coas puntuacións provisionais do persoal presentando ás prazas de director/a do obradoiro RenovAmes-Brión, de mestre/a na especialidade de Montaxe e mantemento de instalacións fotovoltaicas, de auxiliar administrtivo/a e de titor/a ou mestre/a de Xestión Empresarial. O prazo de alegacións permanecerá aberto até as 14:00 horas do martes 30 de agosto. As alegacións poderán presentarse no rexistro da oficina de emprego de Santiago de Compostela-centro.
O obradoiro RenovAme-Brión terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listas.




