Pestanas principais

Lista coas puntuacións definitivas dos aspirante presentados para a selección dun/dunha mestre/a de xestión empresarial para o obradoiro ACCEDE

Mércores, 28 de setembro de 2016

[28-09-2016] O Concello de Ames publica a lista coas puntuacións definitivas dos aspirante presentados para a selección dun/dunha mestre/a de xestión empresarial para o obradoiro ACCEDE. Esta lista afecta ao persoal presentado tanto no Concello de Ames como no de Brión. Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e promovido polo Concello de Ames conveniado co Concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.