Pestanas principais

Lista coas puntuacións definitivas do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego RenovAmes-Brión

Martes, 06 de setembro de 2016

[06-09-2016] O Concello de Ames publica a lista coas puntuacións definitivas do persoal presentando ás prazas de director/a do obradoiro de emprego RenovAmes-Brión, de mestre/a na especialidade de montaxe e mantemento de instalacións fotovoltaicas, de auxiliar administrativo/a e de titor/a ou mestre/a de xestión empresarial.

O obradoiro RenovAmes-Brión terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista.