[25-08-2016] O Concello de Ames fai pública a relación provisional de alumnado admitido e excluído no obradoiro de emprego RenovAmes-Brión. O prazo de alegacións remata o martes 30 de agosto ás 14:00 horas.
Este obradoiro terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 5 profesores/as. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira (Ames), así como nos locais sociais dos Ánxeles, da banda de música municipal, da escola de música e da biblioteca municipal (Brión). Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o listado provisional de alumnado admitido e excluído.




