Pestanas principais

Lendas do Real Madrid, veteranos do Obradoiro e o Milladoiro XL disputan mañá o sexto Partido Benéfico de Baloncesto Concello de Ames

Venres, 20 de marzo de 2015

[20-03-2015] O Concello de Ames e o XL Milladoiro colaboran un ano máis na organización do VI Partido Benéfico de Baloncesto, que terá lugar mañá sábado no pavillón de Bertamiráns. A entrada é gratuíta pero os asistentes poderán realizar un donativo de forma voluntaria. Os fondos recadados doaranse á Fundación Andrea, de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

O Partido Benéfico de Baloncesto Concello de Ames reúne nesta ocasión a antigos xogadores do Real Madrid, veteranos do Obradoiro CAB e ao XL Milladoiro. Xuntos participarán nun triangular que dará comezo sobre as 20:30 horas co partido entre o XL Milladoiro e o Obradoiro. De seguido, o equipo anfitrión compartirá cancha co Real Madrid e este último enfrontarase despois ao Obradoiro. Cada un dos partidos terá unha duración duns 24 minutos.  

Antes dos encontros, dende as 18:00 horas, haberá unha exhibición de patinaxe dos clubs locais Omega e Sarela, un partido de baloncesto infantil do Basquet Ames e baile a cargo do colectivo Danzaya. O grupo Heredeiros da Requinta de Carcacía porá a música durante os quentamentos e nos tempos de descanso haberá sorteos de agasallos entre o público.  

Xogadores dos tres equipos  
Polo equipo merengue, dirixidos polo adestrador Carlos Sevillano, estarán Joe Arkauckas, Chechu Biriukov, Darío Quesada, Vicente Paniagua, José Manuel Beirán, José Luis Díaz, Lorenzo Sanz, Gustavo Díaz, Ignacio Castellanos, Juan Carlos Barros, Lucas Victoriano e Roberto Núñez.  

Por parte do Obradoiro, baixo as ordes de Pepe Casal, xogarán Lolo Castro, Aitor Seoane, Fran Sánchez, A. de la Concepción, Koke Rama, Julio Jiménez, Charli Uzal, Jose Sanmartín, Carlos Trias, Camilo Ribero, Tonecho Lorenzo, Marcos Gato, Chechu Yáñez.  

E Oriol Junyent ao frente do Milladoiro XL dirixirá a José Beiras, Maxi Viaño, Chema Seoane, Xosé Barato, Nadir Pampín, Santi Pampín, Javi Arroyo, Óscar Catalán, Pepo Suevos, Nacho Tapónes, Luis Mosquera e Juans Crego.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Bertamiráns cita a las leyendas del Madrid y del Obra a favor de Andrea"
La Voz de Galicia: "Biriukov, Beirán y los veteranos del Madrid estarán el sábado en Bertamiráns"