Pestanas principais

Leilía actúa o sábado 8 de agosto no parque do Ameneiral

Xoves, 06 de agosto de 2020

O parque do Ameneiral acolle o sábado 8 de agosto, a partir das 22:30 a actuación do grupo  “Leilia”. Tres décadas sobre o escenario, 5 discos editados, colaboracións con artistas da talla de Kepa Junquera ou Milladoiro e premios tan importantes como o “Rebulir de Cultura Galega” ou o Hent Sant Jaquez” que o  European Forum Woldwide Music Festivals outorga ao mellor espectáculo europeo do ano, avalían a traxectoria deste grupo de cantareiras- pandereteiras que naceu coa intención de recuperar do esquecemento á tradición oral galega. A actuación, patrocinada pola deputación de A Coruña, forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames. O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.

31 anos levan sobre os escenarios Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa y Rosario. Naceron como Leilía no ano 1989 e desde entón a súa carreira é abondosa en éxitos e recoñecemento. Foron das primeiras en lanzarse a a percorrer as aldeas de Galicia recopilando cancións tradicionais e tamén das primeiras en dar concertos en en bares e pubs.

O seu primeiro disco, que leva o nome do grupo, recolle o froito dese traballo e ese compromiso coa música tradicional galega. Nos discos posteriores -”I é verdade, i é mentira”, “Madama”, “Son de Leilía” e “Consentimento”- mesturan esa inspiración inicial con sons máis modernos, temáticas actuais e arranxos musicais máis elaborados.

As Leilía teñen colaborado con artistas da talla de Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Emilio cao, Os Diplomáticos de Monte alto, Guadi Galego, Milladoiro, Pilocha e Budiño. Entres os seus premios atópanse o “Cornamusa” do Festival Atlántica, o “Gallego del año”, o “Rebulir de Cultura Galega” ou o “Hent Sant Jaquez” que o  European Forum Woldwide Music Festivals outorga ao mellor espectáculo europeo do ano.

No ano 2019 crean o espectáculo “CantarElas”, no que inclúen temas emblemáticos da súa discografía con outros menos coñecidos que representan a evolución sonora do grupo e a súa experiencia de tres décadas sobre o palco.   

Novas Asociadas:

La Voz de Galicia: "Leilía y Batossai, este fin de semana en Bertamiráns"

Compostela24 horas: "Leilía actúa o sábado 8 de agosto no parque do Ameneiral"

Concerto de Leilía no pazo da Peregrina