Pestanas principais

Kierete Peluquería gaña, por segundo ano consecutivo, o concurso de escaparates do Concello de Ames

Xoves, 25 de febreiro de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os premios do XV Concurso de Escaparates do Concello de Ames Nadal 2020. Os establecementos premiados foron Kierete Peluquería, Farmalar, Pico Pao Brunch & Cofee, Núa Moda e Peluquería Blanco e Negro. Nesta edición do concurso de escaparates participaron un total de 30 comercios. Dos cales 15 foron do Milladoiro e 15 de Bertamiráns. Tamén se levou a cabo o sorteo de 9 talóns bancarios, por valor de 100 euros, para realizar compras nos establecementos comerciais de Ames.

O xurado valorou os escaparates participantes pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, en base aos criterios de composición e deseño, tendo en conta, ademais, a orixinalidade e a elaboración propia. Do mesmo xeito, valorouse a utilización de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo. Participaron 30 establecementos, 15 foron do Milladoiro e 15 de Bertamiráns.

O xurado do XV Concurso de escaparates Concello de Ames Nadal 2020, estivo composto por Roberto Amarelle Garabán, en representación da Agrupación de Protección Civil de Ames; Elia Otero Reboreda, en representación do voluntariado da Aula da Natureza do Concello de Ames; e María Teresa Lamas Domínguez, en representación do Voluntariado do Concello de Ames. Os escaparates foron valorados por cada un dos membros do xurado cunha puntuación máxima de 10 puntos.  Desta maneira, os establecementos gañadores foron:

  • Primeiro premio dotado con 1.000 euros: Kierete Peluquería (O Milladoiro) con 24,5 puntos.
  • Segundo premio dotado con 700 euros: Farmalar (O Milladoiro) con 24 puntos.
  • Terceiro premio dotado con 400 euros: Pico Pao Brunch & Cofee (Bertamiráns) con 24 puntos.
  • Cuarto premio dotado con 300 euros: Núa Moda (Bertamiráns) con 22.5 puntos.
  • Quinto premio dotado con 100 euros: Peluquería Blanco e Negro (O Milladoiro) con 21.5 puntos.

Ademais desta achega económica, os cinco establecementos gañadores gozarán da cesión de espazos publicitarios gratuítos en Ames Radio durante un mes consecutivo, a determinar de acordo coas necesidades de programación da radio municipal.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, “agradece o labor do xurado, que participaron desinteresadamente na elección dos mellores escaparates da décimo quinta edición deste concurso. A elección dos establecementos gañadores foi moi complicada debido ao alto nivel dos escaparates expostos, tal e como demostra a igualdade que hai nas puntuacións dos establecementos, o cal valoramos de forma moi positiva”.

Sorteo de nove premios de 100 euros para os/as consumidores/as
Por outra banda, o Concello de Ames entregou 150 boletos a cada establecemento inscrito no XV Concurso de escaparates para que os distribuíran entre a súa clientela. Deste xeito, todas aquelas persoas que depositaron un boleto nas urnas habilitadas, participaron no sorteo dun talón por importe de 100 euros para realizar compras nos establecementos comerciais de Ames.

Despois da realización do sorteo na reunión do xurado, estes son os galardoados cun talón bancario, por importe de 100 euros, para a realización de compras nos establecementos comerciais de Ames:

  • María Teresa Saco Iglesias.
  • Fernando Ares Iglesias.
  • Francisco de Jesús Cascallar.
  • María Victoria Pampín Gil.
  • Margarita Liñares Munín.
  • Beatriz Salgado Martínez.
  • Daniel Zapardiel Parrado.
  • Mariña Berdullas Gómez.
  • Elena Cerqueiro Pérez.

Nos próximos días, o persoal do departamento de Promoción Económica, chamará a todos/as os/as premiados/as para darlle unha cita e que poidan pasar pola Casa do Concello a recoller o talón bancario de 100 euros que lles tocou no sorteo.

Kierete Peluquería, 1º premio.

Multimedia

  • Kierete Peluquería, 1º premio.
  • Farmalar, 2º premio.
  • Farmalar, 2º premio.
  • Pico Pao, 3º premio.
  • Pico Pao, 3º premio.
  • Núa Moda, 4º premio.
  • Núa Moda, 4º premio.
  • Peluquería Branco e Negro, 5º premio.
  • Peluquería Branco e Negro, 5º premio.
  • Peluquería Branco e Negro, 5º premio.