Pestanas principais

Juan Manuel Morales e Aldara Meilán gañan a proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta

Luns, 06 de febreiro de 2023

A localidade do Milladoiro acolleu este domingo, 5 de febreiro, o XXXIV Campionato Xunta de Galicia masculino e feminino de marcha en ruta, que se disputou nun circuíto que discorre pola Travesía do Porto, rúa das Palmeiras, parte da avenida Muíño Vello e rúa dos Agriños. Esta proba estivo organizada pola Federación Galega de Atletismo e contou coa colaboración do Concello de Ames. Participaron 113 atletas con ficha da FGA. Participaron 17 atletas dos clubs locais de Ames (7 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio). Cómpre destacar algúns dos resultados dos atletas dos clubs amesáns: Nicolás Collazo, do Ames Atletismo, foi cuarto na proba absoluta masculina e segundo na categoría sub18; Nadir Moreira, do Club de atletismo Millaraio, quedou en terceira posición na categoría sub 16 masculina; e Maica Jueguen Lago, do Ames Atletismo, foi cuarta na categoría W45. Preme nesta ligazón para acceder á galería de fotos desta proba.

O concello de Ames acolleu por primeira vez este campionato que estivo organizado pola Federación Galega de Atletismo. A proba estivo dividida en diferentes categorías: sub10 e sub12 (con proba masculina e proba feminina independente), sub 14, sub16 e absoluta (probas mixtas). No campionato participaron 113 atletas con ficha da FGA. Participarán 17 atletas dos clubs locais de Ames (7 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio).

Do Ames Atletismo participaron Ángel Carballeira Becerra e Lois García Villar (categoría sub10 masculina); Olivia García Caamaño (sub10 ferminina); Manuela García Caamaño (sub14 feminina); Ainhoa Suárez Miramontes (sub16);  Nicolás Collazo Santamaría (sub18) e María del Carmen Jueguen Lago (W45).

Do Club de Atletismo Millaraio participaron Sara Blanco Lago, Erin Bouzas Durán e Lía Rouco García (sub10 feminina); Carmela Chico Seoane e Claudia Vidal López (sub12 feminina); Lena Ares Simón, Claudia Núñez Torres, Ana Barreiro López e Eva Ojea Hernández (sub14); e Nadir Moreira Gómez (categoría sub16).

Resultados das probas
O campionato deu comezo coas probas sub12 masculina e feminina, que tiveron un recorrido de dous quilómetros. Despois desenvolveuse a proba da categoría sub10 masculina e feminina que correron un quilómetro. Posteriormente, celebráronse as probas mixtas de sub 14, que tivo unha distancia de tres quilómetros, e sub16, que percorreron cinco quilómetros. Por último, realizouse a proba absoluta de dez quilómetros de distancia.

Na proba absoluta masculina o gañador foi Juan Manuel Morales, do Marineda Atlético, cun tempo de 44.33. En segunda posición quedou Pablo Sánchez Rivas, do Atlética Lucense, cun tempo de 46.42. Terceiro foi Jose Fernández Nieves, do RC Celta, cun tempo de 50.02. En dita categoría tamén cómpre destacar a cuarta posición de Nicolás Collazo, do Ames Atletismo, cun tempo de 52.07. Ademais Nicolás Collazo quedou na segunda posición dentro da categoría sub18, detrás de Pablo Sánchez Rivas, do Atlética Lucense.

Na categoría absoluta feminina a primeira atleta en chegar á liña de meta foi Aldara Meilán, do Atlética Lucense, cun tempo de 48.07. Na segunda posición quedou Natalia Rivas, do Ría de Ferrol – C. Arenal, cun tempo de 53.19 e terceira foi Mar Chillón, do Atlético feminino Celta, cun tempo de 53.42. Premendo nesta ligazón podes consultar os resultados de todas as categorías.

Por último, hai que destacar a actuación de Nadir Moreira, do Club de atletismo Millaraio, que conseguiu a terceira posición na categoría sub 16 masculina, cun tempo de 35.06; e Maica Jueguen Lago, do Ames Atletismo, foi cuarta dentro da categoría W45 cun tempo de 01.18.09.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destacou a importancia de que Ames acollese esta proba autonómica de marcha en ruta. “Estamos acostumados ás carreiras pedestres habituais e sempre gusta organizar novas probas e ver novas modalidades deportivas de competición. Máis de 100 atletas participaron nesta proba, polo que foi un autentico pracer para o Concello de Ames poder colaborar nesta competición”. Por último agradeceu a coloración dos clubs locais Millaraio e Ames Atletismo na organización do evento.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Juan Manuel Morales e Aldara Meilán, gañadores da proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta"

Juan Manuel Morales e Aldara Meilán gañan a proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta

Multimedia

  • Imaxe da proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta
  • Imaxe da proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta
  • Juan Manuel Morales
  • Aldara Meilán
  • Pablo Sánchez
  • Nicolás Collazo
  • Nadir Moreira
  • Maica Jueguen Lago
  • Imaxe podio absoluto
  • Imaxe podio absoluto
  • Imaxe da proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta