Pestanas principais

José Miñones realiza a súa primeira visita como ministro de Sanidade ao Concello de Ames

Venres, 21 de abril de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado dos membros da Corporación Municipal recibían ao ministro de Sanidade, José Miñones, na Casa do Concello. A visita comezou no Salón de Plenos onde o ministro de Sanidade asinou no Libro de Honra e destacou que quixo facer a súa primeira parada como ministro no seu concello, o concello de Ames. Tras a recepción na Casa do Concello o ministro de Sanidade e os membros da Corporación Municipal visitaron a Casa dos Maiores para interesarse polo programa Amessán e seguidamente achegáronse ao autobús que realiza o servizo de transporte adaptado.

O ministro de Sanidade, José Miñones, volveu ao Concello de Ames para realizar unha visita institucional e de traballo. Este encontro prodúcese catro semanas despois do seu nomeamento como ministro. Nesta primeira visita institucional á que fora a súa casa foi recibido polo alcalde de Ames, Blas García, e boa parte dos membros da Corporación municipal.

O encontro comezou no Salón de Plenos da Casa do Concello coa firma de Miñones no Libro de Honra. O alcalde de Ames, Blas García, quixo parabenizar a Miñones polo seu nomeamento como ministro de Sanidade e agradecerlle ter escollido Ames para a súa primeira visita como ministro. García destacou, ademais, que esta é a segunda vez que Miñones escribe no Libro de Honra tras esa primeira visita institucional ao Concello como Delegado do Goberno en Galicia.

O ministro de Sanidade, José Miñones, agradeceu os parabéns do alcalde e sinalou que afronta o reto con todo o orgullo do mundo, vai representar a todas as persoas, a todos os veciños e veciñas e a todos os amesáns e amesás pois segue a ser un veciño máis deste concello.

O ministro de Sanidade quixo, tamén, destacar o papel dos concellos e das entidades locais na posta en marcha de proxectos que inciden na promoción de hábitos de vida saudable ao longo de todas as etapas da vida e, especialmente, entre os colectivos máis vulnerables.

Visita á Casa dos Maiores
Seguidamente Miñones acompañado de Blas García; da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; e de membros da Corporación municipal visitaron a Casa dos Maiores de Bertamiráns para coñecer de primeira man as actividades do programa “Amessán”, que desenvolve iniciativas saudables para persoas maiores de 60 anos ou con diversidade funcional.

Esta iniciativa está enmarcada no programa ‘Ames Saudable’, como parte das accións impulsadas polo Concello dentro da Rede Española de Ciudades Saudables da Federación Española de Municipios e Provincias.

O programa ‘Amessán’ aglutina toda unha serie de actividades para a adquisición de hábitos beneficiosos como cursos de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega ou bailoterapia.

Actividades pensadas para manterse activos e coidar a saúde física e emocional dos usuarios, posibilitar o incremento do seu benestar psicosocial, evitar o illamento mediante a promoción da participación social e favorecer a dinamización da comunidade.

Na actualidade o programa ‘Amessán’ conta cun total de 720 participantes nas súas tres áreas de actividade: autonomía física e funcional, estimulación cognitiva e apoderamento persoal e alcance das actividades complementarias.

Servizo de transporte adaptado
A continuación, achegáronse ao autobús que realiza o servizo de transporte adaptado. Trátase dun servizo xestionado dende a Oficina municipal de voluntariado que facilita que persoas con problemas de mobilidade poidan realizar tarefas esenciais como acudir aos servizos médicos, realizar xestións administrativas ou asistir a eventos sociais.

O servizo de transporte adaptado funciona dende principios de 2018. Conta cun microbús formado por trece prazas, que se dividen en once para persoas sentadas e dúas cadeiras de rodas. O vehículo complétase coa condutora e a auxiliar de transporte que axuda a todas as persoas usuarias a subir e baixar do microbús.

O ministro e a subdelegada do Goberno, cos membros da Corporación municipal

Multimedia

  • José Miñones realiza a súa primeira visita como ministro de Sanidade ao Concello de Ames