Pestanas principais

José Miñones é nomeado alcalde de Ames cos votos do PSdeG-PSOE, Ames Novo, Contigo Pódese e BNG

Sábado, 13 de xuño de 2015

[13-06-2015] Esta mañá desenvolveuse o pleno de constitución da nova corporación municipal do Concello de Ames. José Miñones converteuse no novo alcalde de Ames co apoio dos 13 concelleiros e concelleiras pertencentes aos grupos políticos do PSdeG-PSOE, Ames Novo, Contigo Pódese e BNG. Despois de realizar a votación para ditaminar o novo alcalde, o rexedor saínte Santiago Amor, foi o encargado de entregarlle o bastón de mando ao novo alcalde de Ames, José Miñones. A sesión plenaria celebrada na Casa da Cultura de Bertamiráns contou cun gran número de persoas que se achegaron a coñecer ao novo alcalde e aos concelleiros e concelleiras que forman a nova corporación municipal.


A continuación, realizouse unha votación nominal na que cada concelleiro e concelleira tivo que votar por algún dos candidatos á Alcaldía. Pilar Candocia de Ames Novo, David Santomil do BNG e Genma Otero de Contigo Pódese renunciaron a ser candidatos á Alcaldía, polo que houbo catro candidatos: Santiago Amor, José Miñones, Ramón García Argibay e Francisco Javier López. Finalmente saíu investido como novo alcalde de Ames, José Miñones co apoio dos 13 concelleiros e concelleiras pertencentes aos grupos políticos do PSdeG-PSOE, Ames Novo, Contigo Pódese e BNG. Santiago Amor tivo 4 votos, Ramón García Argibay 3 votos e Francisco Javier López obtivo 1 voto.

Despois de realizar a votación para ditaminar o novo alcalde o rexedor saínte, Santiago Amor, foi o encargado de entregarlle o bastón de mando ao novo alcalde de Ames, José Miñones. Por último, os voceiros do grupos municipais con representación na nova corporación municipal tiveron ocasión de dedicarlles unha palabras ao público asistente. A partir de agora empeza a contar o prazo dun mes para que se desenvolva o denominado pleno de organización, no que se definirán as distintas concellarías, o reparto das delegacións da alcaldía e a representación do Concello noutros organismos.

O pleno de constitución da nova corporación comezou poucos minutos despois das 11:30 horas da mañá. A mestra de cerimonias durante a primeira parte do acto foi a secretaria municipal, Rosa Ana Prada Queipo, que abriu o acto convocando aos dous concelleiros/as que constituíron a mesa de idade: a decana do pleno, María Jesús Bóo Feijóo, e a máis xoven, Ana Ruso Valiña.

As dúas foron as encargadas de testemuñar o xuramento ou promesa dos outros 19 concelleiros/as electos/as, que foron subindo ao escenario de un en un para expresar o acatamento á Constitución. Como tales, os 21 concelleiros foron sentando nas cadeiras que estaban colocadas no escenario do auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Tralo xuramento de todos os concelleiros/as a corporación municipal queda formada do seguinte xeito: 4 concelleiros/as do Partido Popular, 4 concelleiros/as do do PSdeG-PSOE, 4 concelleiros/as de Ames Novo, 3 concelleiras de Contigo Pódese, 3 concelleiros/as de Pacto por Ames, 2 concelleiros/as do BNG, e 1 concelleiro de Ciudadanos.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El socialista José Miñones, nuevo alcalde de Ames"
La Voz de Galicia: "Miñones asume la alcaldía de Ames sin cerrar un acuerdo de gobierno"
El Correo Gallego: "El socialista José Miñones, nuevo alcalde de Ames con los votos de Ames Novo, Contigo Pódese y BNG"