Pestanas principais

José Canosa Fernández gaña o Gran Premio de Supercross Concello de Ames 2018

Luns, 18 de xuño de 2018

[18-06-2018] O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este domingo, 17 de xuño, a proba de supercross “Gran Premio de Supercross Concello de Ames 2018”, que se desenvolveu no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participaron 45 pilotos de supercross de toda Galicia. José Canosa Fernández gañou en categoría elite nunha xornada na que o piloto local, José Manuel Moure, quedou terceiro na categoría de veteranos. Na categoría de veteranos a primeira posición foi para Alberto Díaz Fernández.


O bo tempo acompañou para o desenvolvemento do “Gran Premio de Supercross Concello de Ames 2018”, que contou cunha gran afluencia de público no circuíto SX “Alex de Moure”. A proba comezou ás 9:00 horas coas verificacións técnicas e administrativas, continuando cos adestramentos libres e de clasificación. A partir das 16:00 horas desenvolvéronse as diversas carreiras por categorías.

Os participantes inscritos na proba estiveron divididos en oito categorías diferentes. Na categoría elite gañou José Canosa Fernández. En veteranos impúxose Alberto Díaz Fernández. Nesta mesma categoría, o piloto local, José Manuel Moure, do Motoclub Ameixenda, quedou en terceira posición. Na categoría de promesas gañou Adrián Castro Barrigón; en promoción, Aleixo Romeiro Aler; en hobby, Adrián Ameneiros Freire; en pit bike, Jairo García García; en alevín +8, Gran Vilas Fernández; e en alevín -8, Joaquín Castro Barrigón.

O circuito SX “Alex de Moure” acolleu unha vez máis o desenvolvemento deste xa clásico Gran Premio do Concello de Ames. O recinto, de máis de 17.000 metros cadrados, conta cun amplo aparcadoiro, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para a contemplación desta modalidade deportiva.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "José Canosa gaña o Supercrós de Ames 2018"