[17-06-2012] A Milla Urbana celebrou a súa décimo segunda edición. Un ano máis o Concello de Ames organizou esta carreira na que participaron 187 persoas. Tanto atletas profesionais como afeccionados percorreron unha milla, algo máis de 1.600 metros. Nesta ocasión a cita tivo lugar este domingo, 17 de xuño, dende as 11:00 horas na Travesía do Porto, situada na localidade do Milladoiro. Os atletas estiveron divididos en oito categorías distribuídas segundo a idade. Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Ames, Santiago Amor, e varios concelleiros/as do goberno municipal. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultado o listado de premiados e o listado completo con todos os resultados da XII Milla Urbana.


Tralas carreiras os participantes desprazáronse ata a Casa da Cultura do Milladoiro para presenciar o acto de entrega de premios. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica e Educación, Bernardo Moar, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores e gañadoras. O concelleiro de Persoal e Servizos, Ramón García Argibay, tamén estivo presenciando este evento. Tamén houbo un sorteo de varios agasallos e material deportivo.

Na carreira de veteranos houbo cinco categorías (A, B, C, D e E). Na categoría A impúxose Alfonso López Menduiña, do Club de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, cun tempo de 4:56 segundos. Segundo foi Manuel Vieites Carballo e terceiro quedou José Manuel Lago Ces.
Na categoría B impúxose Joaquín Sánchez Leira, do Club de Atletismo MillaRaio cun tempo de 5:24 segundos. A segunda posición foi para Mario González Freire e terceiro quedou Manuel Gallego Priego. Na C gañou José Ramón Mato Lago, do Club de Atletismo Sar, cun tempo de 5:40 segundos. Segundo foi José Ramón Garabato Quintáns e na terceira posición quedou Jesús Lodeiro Méndez.
Na D gañou Laura María Mosquera Escudero, do Club de Atletismo Fontes do Sar, cun tempo de 5:56 segundos. Segunda foi Mónica Touriño Ferreiros e en terceira posición quedou Puri Cariñena Amigo. Por último, na categoría E impúxose Lourdes García Vázquez e segunda quedou María Josefina Pardo Montaña.

Categoría promesa-sénior
Na categoría promesa-sénior proclamouse campión Joao Fernández Rodrigues do club SGP cun tempo de 4:55 segundos. Na segunda posición quedou Óscar Ces Suárez e terceiro foi Víctor Conejo Pena. Neste categoría pero na modalidade feminina gañou Belén Bascoy Cao cun tempo de 6:18 segundos. Segunda foi Irene Gesto Domo e terceira quedou Yolanda Abelleira Rodríguez.
Na categoría xuvenil-xunior gañou Fernando Vales Ferreira, do Club de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, cun tempo de 5:03 segundos. Segundo foi Antonio Iglesias Vilela e terceiro quedou Francisco López. Na categoría feminina impúxose Paula Sahelices López cun tempo de 6:13 segundos e segunda quedou Vanesa Varela Rivas.



Categorías de base
A primeira proba, correspondente á categoría prebenxamín, tivo lugar ás 11:00 horas e nela participaron os nenos e nenas nacidos a partir do ano 2005. O gañador desta carreira foi Rodrigo Sanjurgo Rivas, que empregou un tempo de 1:05 segundos en percorrer os 300 metros desta proba. En segunda posición quedou Mario Vilar Vega e terceiro foi Nicolas Pais Mosquera. Na categoría feminina a gañadora foi Sonia Rivadulla Blanco, do Club de Atletismo A Estrada, que tardou 1:07 segundos en percorrer a mesma distancia. Na segunda posición quedou Ingrid Sande Otero e terceira foi Valeria Batire Guridi Dieguez.
Posteriormente foi a quenda para os nenos e nenas da categorías benxamín que completaron unha distancia de 660 metros. Na categoría masculina o gañador foi Pablo Díaz Oiza do Club de Atletismo Milla-Raio, cun tempo de 2:26 segundos. Na segunda posición quedou Raúl Díaz De la Fuente e terceiro foi Antón Gómez García. Mentres que na categoría feminina gañou Degnesh María Mato Gómez, Club de Atletismo Milla-Raio, cun tempo de 2:35 segundos. Segunda foi Laura Pais Mosquera e terceira quedou Fátima Dell Blanco.
Os rapaces e rapazas da categoría alevín percorreron unha distancia de 990 metros. Na categoría alevín masculina o gañador foi, Leonardo Guazzone Mariño da Sociedade Atlética Val Miñor cun tempo de 3:29, mentres que na segunda posición quedou Carlos Dios Suárez e terceiro foi Diego Alonso Campos. Na categoría alevín feminina gañou Claudia Fernández-Couto Álvarez (Club de Atletismo da Universidade de Santiago), que chegou a liña de meta cun tempo de 3:29 segundos. A segunda posición foi para Laura Cuesta Pereiro e a terceira para Daniela Eiras León.
A partir da categoría infantil, os atletas tiveron que dar dúas voltas ao circuíto instalado na Travesía do Porto e percorreron unha milla completa. Na proba infantil masculina impúxose Brais Insua Regueira cun tempo de 5:53 segundos. Segundo foi Diego Almayona Lacarra e terceiro quedou Leo Cendan Malingret. Neste mesma categoría pero na modalidade feminina gañou Carlota Tella Granda, do Club de Atletismo Ría de Ferrol, cun tempo de 6:20 segundos. Na segunda posición quedou Judith García Fabregas e terceira foi Rocío García Villaverde.
Na categoría cadete masculina o gañador foi gañou Martín Fernández Hermida, do Club de Atletismo Milla-Raio, cun tempo de 6:27 segundos. Segundo foi Denis García Miras e terceiro quedou Mateo Raindo Vázquez. Mentres que na categoría cadete feminina impúxose Irene Ibáñez Cocera, do Club de Atletismo Milla-Raio, cun tempo de 7:23 segundos. A segunda posición foi para Inés Saa López e terceira quedou Cristina Sánchez Pardo.

A Milla Urbana é unha carreira que xa está consolidada no mundo do atletismo de Ames e da comarca. Este ano celebrouse a décimo segunda edición desta proba que segue espertando o interese de atletas pertencentes a clubs profesionais e de todas aquelas persoas que gozan facendo deporte. Os e as participantes tiveron que percorrer unha milla, é dicir, máis dun quilómetro e medio, por diferentes rúas do Milladoiro fixadas no circuíto que tivo a saída e a chegada no aparcadoiro da Travesía do Porto.
Nesta edición estaban inscritas 250 persoas das que participaron 187. Os atletas estiveron distribuídos en oito categorías segundo a idade. A distancia que había que percorrer era dunha milla, excepto para os máis pequenos. Os prebenxamíns debían completar un circuíto de 300 metros, os benxamíns 660 metros e alevíns 990 metros.

Contido relacionado

El Correo Gallego: "El luso João Fernández vence en la Milla Urbana de Ames"
La Voz de Galicia: "La Milla Urbana de Milladoiro tuvo 187 participantes"




