Pestanas principais

Investiranse 87.281 euros na pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro

Xoves, 12 de marzo de 2020

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do expediente de licitación das obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Cernadas S.L. por un importe de 87.281,92 euros (IVE incluído). Esta obra encóntrase incluída no Plan Único de Concellos POS+2019, a través do cal se executarán 13 proxectos. Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e o representante da empresa Construcciones Cernadas SL asinaron o contrato para a execución de dito proxecto.

Os traballos desenvolveranse en nove treitos de 70x3,50; 20x5,00; 20x6,00; 170x3,50; 260x3,00; 110x3,50; 160x4,00; 150x4,00 e 140x3,25 metros, mediante o emprego de cinco centímetros de saburra e doce de formigón, incluso mallazo e xuntas de dilatación, previa demolición, nivelación e compacto do pavimento existente.

Ademais, previo á execución do pavimento contémplase a canalización de 180 m. (40 e 140 metros) de tubaxe de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 14 m. (2 e 3 de 4,00 metros), para recollida de augas pluviais, previa escavación de gabia e posterior recheo compactado da mesma.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “dentro do POS+ 2019 incluíronse diferentes proxectos para mellorar as vías interiores de diferentes núcleos do rural amesán. Neste caso vaise mellorar os viarios do núcleo de Outeiro. Deste xeito, mellorarase o firme de dito camiño co obxectivo de incrementar a seguridade peonil e dos vehículos que circulan por este viario”.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Investiranse 87.281 euros na pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro"

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e o representante da empresa Construcciones Cernadas SL asinaron o contrato para a execución de dito proxecto