Pestanas principais

As instalacións do Punto Limpo de Ames estarán dispoñibles ao público a partir deste luns 18 de maio

Sábado, 16 de maio de 2020

O Concello de Ames e a empresa Urbaser SA, concesionaria do Punto limpo de Ames, acordaron unhas medidas organizativas e de seguridade para que a cidadanía amesá poida acceder ás instalacións deste centro de depósito de residuos, a partir do próximo luns 18 de maio. O horario de apertura será, de luns a venres de 10.15 a 13.45 horas pola mañá e de 16.00 a 18.00 horas pola tarde. Mentres os sábados, o horario será de 9.30 a 13.45 horas pola mañá e de 16.00 a 19.45 horas pola tarde. 

As medidas organizativas contemplan unha serie de medidas básicas que inclúen o uso de máscaras e luvas para todo o persoal que acceda ao recinto do Punto limpo a depositar os diferentes residuos aceptados. Así como a obriga de manter unha distancia de seguridade de dous metros con outras persoas.

O acceso será o habitual, pero cun máximo de dúas persoas no recinto, pechando a porta ás súas costas. É dicir, as portas de entrada ao recinto estarán pechadas, e só se abrirán cando existan usuarios que vaian ás instalacións a depositar os residuos. No caso de que se formen colas fóra das instalacións, pídese paciencia aos usuarios/as agardando a súa quenda, e que en ningún caso abandonen alí os residuos.

Asemade, só se permitirá un vehículo dentro das instalacións do Punto limpo. No caso de que no interior existan vehículos de Urbaser, do Concello de Ames ou xestores de colectores de residuos, non se poderá dar acceso aos usuarios/as por seguridade.

Os/as usuarios/as poderán desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar no Punto limpo, pero non se proporcionarán medios de protección como máscaras ou guantes na instalación. É dicir, os usuarios e usuarias deberán vir con eles dende a súa casa.

Por último recalcar, tal como se mencionou anteriormente, que se establece unha distancia mínima de seguridade de dous metros entre usuarios/as e o persoal nas instalacións. A instalación será limpada ao inicio e ao final de cada quenda. Para máis información ou consultas, pódese chamar ao teléfono 981 53 66 88.

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Abren con cautela o Punto Limpo vedrés, o amesán e o arzuán"

Cartel sobre a reapertura do Punto Limpo