Pestanas principais

As instalacións de Let Pádel Ames acolleron o campionato galego de menores 2018

Xoves, 24 de maio de 2018

[24-05-2018] Este pasado fin de semana disputouse nas instalacións de Let Pádel Ames o campionato galego de menores 2018, da Federación Galega de Pádel, onde participaron 49 parellas (36 masculinas e 13 femininas). Os 98 participantes estiveron divididos nas categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil (masculina), así como nas categorías cadete e xuvenil (feminina).

Durante o pasado fin de semana, dende o 18 ata o 20 de maio, disputouse nas instalacións de Let Pádel Ames o campionato galego de pádel de menores da Federación Galega de Pádel. O torneo rexeuse polas normas da Federación Galega de Pádel. Os partidos xogáronse ao mellor de 3 sets con tie- break en todos eles, aínda que, o 3º set podía ser substituído por un súper tie - break a 10 puntos. Os partidos de consolación, xogáronse a 9 xogos, con tie - break en caso de empate a 8.

Os campións galegos das distintas categorías foron Daniel Navas Portela e Guillermo Díez Lafuente (alevín masculino); Iker Juarez Labayén e Ángel Deza Torrecilla (infantil masculino); Hugo Yáñez Gómez e Eduardo Fernández Fraga (cadete masculino); Héctor Guisande Fraga e Ignacio Vilariño Gestoso (xuvenil masculino); Lucía Pepe López e Marta Rábade Arias (cadete feminino); Laia Álvarez Maestre e Andrea Colinas Castro (xuvenil feminino).