[09-10-2012] A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organiza un obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos. Esta actividade estará divida en tres xornadas. O obradoiro comeza o sábado 20 de outubro. Durante o primeiro día explicaranse distintas nocións sobre a conservación e o conxelado de alimentos. A segunda xornada dedicarase ao afumado e escabeche, mentres que na terceira xornada tratarase a salmoira e desecación de alimentos. Nesta actividade explicaráselle aos asistentes as causas que provocan o deterioro dos alimentos e o xeitos que existen para evitalo. Ademais de charlas explicativas haberá casos prácticos. Estes obradoiros desenvolveranse na Aula da Natureza, en horario de 11:00 h a 13:30 horas.
A programación cultural e deportiva do Outono 2012 inclúe un obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos, que será impartido pola técnico responsable da Aula da Natureza. Esta actividade está dividida en tres xornadas que se desenvolverán os sábados 20 de outubro, 17 e 24 de novembro, en horario de mañá, desde as 11:00 h ata as 13:30 horas, na sede da Aula da Natureza, que está situada no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Neste obradoiro explicaráselle aos asistentes as causas (físicas e químicas) que provocan o deterioro dos alimentos e o xeitos que existen para evitalo. Os métodos tradicionais e actuais baséanse en minimizar os efectos dos axentes causantes do deterioro dos alimentos.
A primeira xornada centrarase na conservación e no conxelado de alimentos. Primeiro ofrecerase unha pequena explicación sobre o xeito de facer correctamente a conservación e conxelado, así como as bases de seguridade que hai que adoptar no consumo deste alimentos. No apartado de conxelado vaise ver a diferencia entre conxelado, ultraconxelado e vaporización. Ademais, desenvolverase un caso práctico no que se aprenderá a facer unha conserva de tomate e conservas de aceite.
Na segunda xornada explicarse os procesos de afumado e escabeche. Falarase do papel do fume como inhibidor de osíxeno que causa o deterioro e enranciamento das graxas, así como o papel dos ácidos que provocan o crecemento bacteriano. Por outra banda, os participantes poderán realizar un afumado caseiro de peixe e elaborarán un escabeche de mexillón.
Na terceira e última xornada tratarase a salmoira e a desecación de alimentos. Explicarase o papel que desenvolve o sal en distintas concentracións para a elaboración de diversos produtos como a orella de porco e a conservación de anchoas, aceitunas, etc. Tamén se falará sobre os distintos métodos de secado dos produtos do mar de Galicia. Este é un dos métodos de conservación máis comúns que se emprega nas vilas da costa galega e que se utiliza de forma complementaria a outros métodos de conservación.
En resumo, nesta actividade vaise falar sobre que tipo de alimentos se adapta mellor a cada método de conservación, os motivos e a convenencia de aplicar métodos de conservación. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información do curso poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número 660 004 665 ou a través do correo electrónico medioambiente@concellodeames.org e do número de teléfono 662 377 544.




