[27-01-2016] Por primeira vez por estas datas o Concello de Ames pon en marcha o programa de conciliación Entroido Lúdico. O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 25 de xaneiro, e péchase o venres desta mesma semana, día 29 de xaneiro, ambos días incluídos. Coa creación deste novo servizo o goberno municipal dá cumprimento ao compromiso adquirido no pleno ordinario do mes de agosto, celebrado o pasado 3 de setembro de 2015. O servizo desenvolverase no mesmo horario e coa mesma modalidade coa que se veñen impartindo os demais programas lúdicos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición do Entroido Lúdico.
A inscrición pódese realizar nos rexistros do Concello; no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.




