[12-04-2013] A Asociación Xuvenil de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organizaron un curso de monitor de fútbol sala, que está dirixido a todas aquelas persoas que teñan de 16 anos en adiante (mulleres e homes). Este curso, que será impartido pola Federación Galega de fútbol sala, desenvolverase os días 3, 6, 8, 10, 13 e 15 de maio en horario de tarde, entre as 19:00 h e as 22:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 de abril.
O persoal da Federación Galega de fútbol sala impartirá un curso en Ames para obter o título de monitor de fútbol sala. O curso está concentrado en seis xornadas nas que se impartirán un total de 18 horas lectivas. Esta actividade está dirixida ás persoas que teñan de 16 anos en adiante (mulleres e homes) e que estean interesados en adestrar equipos de fútbol sala.
As persoas que estean interesadas en participar nesta iniciativa terán que presentar a documentación de inscrición na oficina de Deportes, situado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para realizar a inscrición haberá que entregar unha fotocopia do DNI, 2 fotos, a ficha de inscrición cuberta e o resgardo de pagamento. Este curso ten un custo de 90 euros que deberán pagarse no número de conta 0075 1268 25 0600106703 correspondente ao Banco Popular.
As persoas que desexen obter máis información deben dirixirse á oficina municipal de Deportes chamando ao teléfono 619 842 504 ou pórse en contacto coa Asociación Xuvenil de Ames a través do número de teléfono 681 050 161.




