Pestanas principais

Inscríbete no campamento de Nadal que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de decembro

Martes, 22 de decembro de 2020

A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organizou un campamento de Nadal para os días 28, 29 e 30 de decembro, en horario de 10.00 a 17.30 horas. A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa e para anotarse é preciso cubrir a ficha de inscrición adxunta a esta nova e enviala ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un campamento de Nadal durante os días 28, 29 e 30 de decembro.  Con esta actividade, dirixida a rapaces a rapazas de 6 ata 14 anos, preténdese ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas durante as vacacións de Nadal, ao tempo que se achegan á natureza, a través de rutas, xogos e obradoiros ambientais como a eliminación de plantas invasoras, elaboración de chourizos naturais, xogos de corda, etc. 

O campamento inclúe servizo de xantar, que se servirá nas propias instalacións da Aula da Natureza. Só é preciso que, o/as participantes, leven algún alimento para comer a media mañá. Ademais, recomendase que leven roupa cómoda, unha pequena mochila e un chuvasqueiro. 

Haberá servizo de autobús. Ás 10.00 horas, recollerase ás rapazas e rapaces inscritas na Casa da Cultura do Milladoiro e, as 10.10 horas, na praza do Concello en Bertamiráns. Está previsto que sobre as 17.45 horas se estea de volta no Gadis da avenida da Maia, en Bertamiráns, e ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Para participar é necesario inscribirse previamente. Para elo hai que enviar cuberta o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, Manuel Lens, explica que “é o primeiro ano que se pon en marcha este campamento urbano de Nadal que se desenvolverá nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda. Esta nova iniciativa ponse en marcha despois o éxito que teñen os campamentos urbanos de verán. O obxectivo é  ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas durante as vacacións de Nadal, ao tempo que se achegan á natureza”.

aula da natureza.