[29-11-2013] O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, organizou unha xornada de motivación para o empredemento e acceso ao financiamento que está dirixida á toda a veciñanza amiense que estea interesada neste tema. Esta actividade desenvolverase o xoves 5 de decembro, entre as 9:15 h e as 14:15 horas, no Pazo da Peregrina, que está situado en Bertamiráns. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo desenvolvementolocal@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 981 883 002 e falar co departamento de Desenvolvemento local. A inscrición é totalmente gratuíta.
O Pazo da Peregrina acollerá o vindeiro xoves, 5 de decembro, unha xornada de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña. O obxectivo desta actividade é fomentar o emprendemento e dar a coñecer as axudas dispoñibles para a posta en marcha de novos proxectos empresariais.
O programa de contidos desta xornada está dividida en dúas partes: a motivación para emprender e axudas/financiamento. No primeiro tramo da mañá, entre as 9:30 h e as 11:30 horas, os asistentes a este seminario abordarán aspectos xerais do emprendemento, como a motivación e a idea empresarial. A primeira mesa redonda tratará sobre a motivación para emprender, tema do que falará o axente de desenvolvemento local da Deputación da Coruña. Na segunda mesa redonda abordarase o tema da idea empresarial. Neste caso intervirán o director da UPD da Deputación de A Coruña, un técnico da UPD e un emprendedor de Ames.
Axudas e financiamento
Na segunda parte da mañá, que contará coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña (AJE) e a sociedade Afianzamentos de Galicia (AFIGAL), realizarase un percorrido sobre as axudas existentes para persoas emprendedoras. Ademais, a segunda parte da xornada estará dedicada ás fontes de financiamento que poden apoiar a posta en marcha dun proxecto empresarial.
Deste xeito, os asistentes coñecerán as diferentes axudas ás que poden optar os emprendedores, as axudas do IGAPE, os microcréditos da Deputación, os avais e produtos de financiamento de AFIGAL e os préstamos participativos ENISA 2013. Por último, abordarase a presentación do proxecto Deputación da Coruña: convenio EOI-Deputación provincial e a factoría de innovación e captación de empresas.
A inscrición nesta xornada é gratuíta e entregarase un diploma de asistencia a cada participante. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo desenvolvementolocal@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 981 883 002 e falar co departamento de Desenvolvemento local. Tamén se poden tramitar as inscrición chamando ao número de teléfono 981 080 514 ou enviando un correo electrónico ao enderezo upd@dicoruna.es. A inscrición é totalmente gratuíta.





