[20-05-2015] O Concello de Ames organizou unha excursión para asistir á xuntanza da terceira idade que terá lugar o próximo sábado 6 de xuño. Todas as persoas que desexen asistir a esta xuntanza poderán pasar unha xornada coñecendo o Carballiño, participar en obradoiros e xogos populares, gozar da actuación de grandes orquestras, así como desgustar unha saborosa comida. O custe da comida correrá a cargo de cada persoa que participe nesta excursión. Ademais haberá que pagar 6 euros para sufragar os gastos de desprazamento en autobús. A inscrición poderase realizar ata o mércores, 3 de xuño, chamando ao número de teléfono 662 377 044 pertencente á Oficina de Voluntariado de Ames, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, organizou unha excursión ao Carballiño para asistir á xuntanza da terceira idade. Alí, as persoas maiores pasarán o día de xeito entretido realizando diversas actividades e conversando entre eles. A xuntanza da terceira idade é xa un clásico en Galicia.
O Concello de Ames porá a disposición da veciñanza amesá os autobuses necesarios para ir o Carballiño. As persoas que desexen asistir a esta xuntanza terán que pagar 6 euros para sufragar os gastos de desprazamento en autobús. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 3 de xuño. A inscrición pódese realizar chamando ao número de teléfono 662 377 044 pertencente á Oficina de Voluntariado de Ames, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Trátase dunha romaría galega na que os maiores poderán conversar entre eles e participar en diferentes xogos tradicionais galegos coma a estornela. Logo chegará a quenda para o xantar, no que se poderá desgustar churrasco, polbo e carne ao caldeiro. O custe da comida correrá a cargo de cada persoa que participe nesta excursión. Tras a comida, que será nunha carballeira, as persoas asistentes gozarán coa música dalgunha orquestra galega.




