Pestanas principais

Inscríbete na actividade “Vente de finde, natureza e surf na praia de Razo”

Martes, 10 de abril de 2018

[10-04-2018] “Vente de finde” é o nome baixo o cal se presenta a actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración coa Aula da Natureza de Ames, para a fin de semana do 27 ao 29 de abril. A actividade, que estará baseada no contacto coa natureza e na práctica do surf, desenvolverase na praia de Razo, no concello de Carballo. Dirixida a mozas e mozos entre os 13 e os 18 anos, a saída incluirá tamén unha visita guiada á lagoa de Baldaio. O prezo da actividade é de 78 euros por persoa. O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de abril. Para obter máis información, pódese chamar aos números de teléfono 616 083 229 ou 660 004 665 ou enviar un correo aos enderezos omix@concellodeames.gal ou auladanatureza@concellodeames.gal. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o formulario de inscrición desta actividade.

Xunto ao formulario, tamén deberán ser entregadas unha fotocopia do DNI, unha fotografía recente e un certificado médico, no caso de padecer enfermidades que se deban ter en conta. A documentación deberá ser entregada nos rexistros municipais da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina ou das oficinas municipais do Milladoiro, de luns a venres, de 09:00h a 14:00 horas.

As prazas entregaranse por rigorosa orde de inscrición, tendo en conta os criterios establecidos nas bases da actividade. A listaxe de persoas admitidas e excluídas publicarase unha vez rematado o prazo de inscrición. Entre o 17 e o 20 de abril, as rapazas e rapaces admitidos deberán efectuar o pagamento da actividade (autoliquidación).