Pestanas principais

Inscríbete na actividade de astronomía que se desenvolverá este mércores, 12 de marzo, na Aula da Natureza

Luns, 10 de marzo de 2014

[10-03-2014] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, organizou unha actividade de astronomía para esta semana na que todas as persoas inscritas poderán participar nunha charla coloquio e posteriormente observar a Lúa, o planeta Xúpiter e a Nebulosa de Orión. Esta iniciativa está organizada en colaboración entre a Aula da Natureza do Concello de Ames e o Observatorio astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha xornada aberta a todos os públicos, que se desenvolverá, entre as 19:00 e as 22:30 horas, na sede da Aula da Natureza. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org.

Aproveitando o bo tempo destes días e que o ceo está despexado os veciños e veciñas de Ames terán a sorte de contemplar o ceo durante os últimos días de inverno a través da xornada de astronomía, que organizou a Aula da Natureza en colaboración co Observatorio astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa enmárcase dentro dun programa de actividades que desenvolverá o Observatorio astronómico Ramón María Aller no concello de Ames ao longo deste ano.

Esta actividade desenvolverase este mércores, 12 de marzo, entre as 19:00 e as 22:30 horas aproximadamente, na sede da Aula da Natureza, que está situada no lugar de Quintáns, número 5, pertencente á parroquia da Ameixenda. Primeiro impartirase unha charla-coloquio sobre os elementos astronómicos que se van a observar co telescopio, e de seguido, pasarase a observar a Lúa, o planeta Xúpiter e a Nebulosa de Orión. Esta xornada será impartida por varios técnicos do Observatorio astronómico Ramón María Aller e está coordinada pola técnica da Aula da Natureza.

Esta é unha iniciativa que está aberta a todos os públicos e as persoas de todas as idades. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto coa Aula da Natureza a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas deste mércores 12 de marzo.