- Tematica
O Squash Santiago, Golán Squash Academy e 2Más Academia de Tenis e Pádel organizan o venres, 23 de maio, o torneo benéfico Raquetas en Acción, que se realiza en favor da investigación da heteroplastia ósea progresiva. Dito torneo realizarase no club de tenis – pádel Squash Santiago, situado no Milladoiro, a partir das 17.00 horas. As inscrición pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago. Os participantes poderán elixir entre as modalidade de pádel, squash e tenis. A partir das 21.00h haberá unha charla sobre dita enfermidade e un cóctel solidario. Tamén haberá animación infantil: inchables, bocadillos, música e máis sorpresas. Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
O Ximnasio Squash Santiago, 2Más Academia de Tenis e Pádel, e Golán Squash Academy, están organizando para este venres, 23 de maio, o torneo benéfico Raquetas en Acción. Trátase dun evento deportivo no que os participantes poden pasar un día completo de squash, tenis e pádel en beneficio da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
Borja Golán destaca que “a idea deste torneo é dar maior visibilidade a esta enfermidade rara e tan difícil como é a heteroplastia ósea progresiva, e sobre todo apoiar a Cayetana e a Celia, que son xemelgas, e aos seus pais que levan loitando contra esta enfermidade varios anos. Tamén queremos apoiar ao grupo de traballo do CHUS, que investiga sobre esta enfermidade e teñen poucos recursos”. Ademais, engadiu “dende o Squash Santiago o obxectivo principal e darlle máis visibilidade a esta doenza e colaborar coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Queremos recadar a maior contía de diñeiro posible para doarllos a dita entidade e que poidan seguir investigando. Agardemos que pronto poida haber un avance no seu tratamento”.
Durante todo o día, o deporte será o fío condutor dunha xornada pensada para gozar, compartir e dar visibilidade a unha enfermidade rara e apoiar a quen a vive de preto. O torneo comezará a partir das 17:00 horas aproximadamente. As inscrición pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago.
Ás 21:00h dará comezo unha charla da asociación para coñecer máis de preto o seu labor e pecharemos o día cun cóctel solidario. Para os máis pequenos haberá inchables, música, bocadillos e moitas máis sorpresas.
Para dispor de máis información sobre a heteroplastia ósea progresiva pódese acceder á páxina web http://asgpoh.com/. As persoas que queiran contribuír coa investigación desta enfermidade pode facer a súa doazón a través desta ligazón.
Prezos de inscrición no torneo
A inscrición no torneo para as persoas adultas ten un prezo de 10 euros. Ademais, pódese adquirir unha camiseta por 10 euros. A inscrición no torneo e unha camiseta ten un prezo de 15 euros, mentres que a inscrición no torneo, unha camiseta e maila cea custa 25 euros. A cea e unha bebida ten un prezo de 15 euros.
Por outra banda, os prezos para os nenos/as (ata os 16 anos) son: inscrición no torneo (5 euros); camiseta (10 euros); cea e unha botella de agua (5 euros); inscrición no torneo e unha camiseta (10 euros); e inscrición no torneo, unha camiseta e cea (15 euros). Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
Novas relacionadas:
AMSGO: "Inscríbete e participa no torneo benéfico Raquetas en Acción"
Diario de Santiago: "Inscríbete e participa no torneo benéfico Raquetas en Acción"