[13-10-2018] O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza para este Outono tres xornadas micolóxicas. A primeira desenvolverase este domingo, 21 de outubro, mentres que a segunda será o 10 de novembro. A terceira xornada aínda non ten unha data fixada. Estas saídas estarán dirixidas por Sira López, co obxectivo de achegar o mundo dos cogomelos á veciñanza amesá. Para participar nesta actividade, que conta con un número limitado de prazas, é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do venres, 19 de outubro, enviando o impreso de inscrición, que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova, ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Coa chegada do outono volven as xornadas micolóxicas organizadas pola Aula da Natureza do Concello de Ames. Estas actividades comezan este domingo, 21 de outubro. A segunda saída realizarase o 10 de novembro. Ademais, haberá unha terceira xornada, pero aínda non ten unha data fixada. As saídas estarán guiadas pola experta en micoloxía, Sira López, que lle axudará aos participantes no recoñecemento e identificación de cogomelos. As saídas desenvolveranse en horario de 10.30 a 18.30 horas.
Durante estas xornadas, farase unha pequena parada nalgún merendeiro próximo para que os participantes poidan recargar forzas coa comida caseira. A ruta que se seguira cada un dos días será elixida pola monitora e o responsable municipal da Aula da Natureza, en base ás condicións meteorolóxicas dos días previos ás saídas, así como á diversidade de especies presentes na zona. Nestas saídas tamén poden participar menores, sempre que vaian acompañados por un adulto.
As saídas micolóxicas contan con 45 prazas dispoñibles, polo que é preciso anotarse previamente, enviando o formulario de inscrición –que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova– ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres, 19 de outubro, ás 14:00 horas. Pódese obter máis información sobre a xornada micolóxica, chamando ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00h a 14:00 horas.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Proxectan 3 saídas para aprender a recollida dos cogumelos aos amesáns"