Pestanas principais

Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Luns, 23 de xuño de 2025

O Concello de Ames colabora por terceiro ano consecutivo na organización da terceira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que este ano terá lugar o vindeiro 27 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A finalidade desta cea é recadar fondos para contribuír, por unha parte, á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos. Podes acceder nesta ligazón ao formulario para mercar as entradas e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao 641 11 60 05. As entradas poderán recollerse nos puntos de venta autorizados. 

Baixo o lema “Axúdanos a debuxar o seu sorriso”, a cea celebrarase o venres, 27 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Esta iniciativa, que naceu por primeira vez no 2023 e está organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos, ten como obxectivo principal recadar fondos para axudar ás familias con pacientes pediátricos no CHUS e, ademais, apoiar e contribuír á investigación no eido sanitario. 

O prezo do menú será de 30 euros para os adultos, mentres que para os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos terá un prezo de 15 euros. De ditos importes, 5 euros son de donativo. Para os nenos e nenas de ata 6 anos a entrada será gratuíta. 

Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar unha doazón. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05. As entradas poderán recollerse nos puntos de venda autorizados. 

As entradas para o evento tamén poden se poderán adquirir en tres establecementos comerciais e hostaleiros de Bertamiráns (Secretos de Tocador, Papelería Chavián e Don Budi) e noutros tres do Milladoiro (cafetería Casa da Cultura, Nenos Nais e Nonna & Go).

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Unha cea solidaria recada en Ames fondos para pediatría"

Diario de Santiago: "Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames"

Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Multimedia

  • Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames
  • Inscríbete e participa na III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames