[12-10-2016] A aula CeMIT de Ames está a desenvolver varios cursos durante este mes de outubro. Para tres deles o prazo de inscrición aínda está aberto: un curso para aprender a usar Calc, outro de creación de carteis e un terceiro de ofimática na nube. A matrícula xa se pode realizar a través da ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/centro/9 ou chamando ao teléfono 662 371 511. Cada obradoiro ofrece un total de 20 prazas.
O curso para aprender a empregar a folla de cálculo Calc comeza o 27 de outubro e remata o 17 de novembro. Impartirase os martes e os xoves en horario de 10:00 a 11:30 horas. Con este programa de software libre as persoas usuarias poderán crear facturas, orzamentos e tamén gráficos.
O obradoiro “Crea carteis e presentación” terá lugar entre os días 7 e 30 de novembro, os luns e mércores de 12:00 a 13:30 horas. Está dirixido a aquel alumnado con interese en aprender a usar programas gratuítos para a creación de carteis, tarxetas persoais ou presentacións dinámicas e elaboradas.
“Ofimática na nube” abrirá ás portas ás numerosas ferramentas que ofrece este espazo da rede, como a creación de documentos Word, de Excel, de presentacións ou como sistema de almacenamento. O curso impartirase os martes e os xoves de 10:00 a 11:30 horas. A primeira clase terá lugar o 22 de novembro e a derradeira o 29. Por último a aula CeMIT impartirá clases para aprender a crear e empregar unha conta de correo electrónico entre os días 18 e 30 de novembro, os días luns e mércores de 19:00 a 20:30 horas.
Durante este mes as monitoras da aula CeMIT están impartido os obradoiros infantís de mecanografía e debuxo. Os cursos para adultos que están tendo lugar actualmente inclúen un de programación, un obradoiro de creación e dinamización dun perfil na rede Linkedn, aulas de creación de textos e clases sobre aplicacións prácticas para os teléfonos móbiles. Todas elas comezaron a principios do mes de outubro.
Horarios da Aula Aberta
A Aula Aberta permanecerá dispoñible ás persoas usuarias de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas, sempre que non se estean levando a cabo actividades. En este tempo pódense poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante as clases.




