Pestanas principais

Inícianse as obras de saneamento de Suevos e Sorribas

Venres, 07 de agosto de 2020

O pasado 29 de xullo iniciáronse as obras que permitirán dotar de saneamento aos núcleos de Suevos e Sorribas, na parroquia de Trasmonte. Estas obras dan continuade a rede de saneamento existente nestas lugares. As obras están sendo executadas pola empresa Escavacións Pose SL e contan cun prazo de execución de seis meses. O presuposto base de licitación ascende á cantidade de 105.975,56 €, I.V.E. incluído.

O Concello de Ames, a través de decreto da alcaldía, aprobou a adxudicación das obras do proxecto de saneamento nos lugares de Suevos e Sorribas, ambos pertencentes á parroquia de Trasmonte, o pasado 22 de abril, en pleno período de confinamento. O proxecto, incluído no POS 2019, foi adxudicado á empresa Excavaciones Pose SL e fixouse que a duración inicial do contrato sería de 6 meses, a partir do día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

No lugar de Suevos está previsto ampliar a rede de saneamento en 260 metros, cun total de 11 pozos de rexistro. No lugar de Sorribas, a ampliación será de 755 metros cun total de 22 pozos de rexistro. Todos os colectores proxéctanse en PVC e instalaranse cos pozos de rexistro correspondentes.Unha vez finalizada a instalación das tubaxes e os recheo das gabias, procederase á reposición dos pavimentos afectados pola execución das obras por outros semellantes aos existentes.

As obras de Suevos e Sorribas completarán a rede de saneamento destes dous lugares da parroquia de Trasmonte. “Con estas obras, a parroquia de Trasmonte contará case totalmente con saneamento; realizarase unha auditoría para que se complete ao cen por cen este importante e necesario servizo”, declara o concelleiro de Obras, Blas García, quen engade que ademais as obras responden “á intención do goberno municipal de apostar polo rural e traballar a prol de conseguir que todas as aldeas do Concello de Ames conten con servizo de saneamento”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Comienza la obra para instalar saneamiento en Suevos y Sorribas"

El Correo Gallego: "Obras de saneamento nos lugares amienses de Suevos e Sorribas"

Compostela24 Horas: "Inícianse as obras de saneamento de Suevos e Sorribas"

AmsGo: "Obras de saneamento en Sorribas"

 

Con estas obras complétase o saneamento de Sorribas e Suevos

Multimedia

  • Obras de saneamento en Suevos e Sorribas