Pestanas principais

INFORMACIÓN SOBRE OS CAMPAMENTO MUNICIPAIS DE VERÁN 2013

Venres, 03 de maio de 2013

[03-05-2013] O Concello de Ames xa ten pechada a programación dos campamentos de verán para este 2013, unhas actividades pensadas para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas que teñen de 3 a 16 anos gocen duns días de vacacións cheos de actividades lúdicas e instrutivas. Os campamentos, dirixidos a nenos e nenas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria e rapaces e rapazas desde 1º a 4º de ESO, realizaranse nesta edición en lugares como a granxa escola Fervenzas do Toxa (Silleda), Albergue LUG-2 (Lugo), Albergue Fundación González Ferreiro (Allariz) ou Surf Camp Caldebarcos (Carnota). Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar varios documentos que conteñen información sobre os devanditos campamentos.