Pestanas principais

Información sobre o proceso de resintonización da TDT nos fogares

Luns, 27 de outubro de 2014

[27-10-2014] A partir do 26 de outubro as canles de Televisión Dixital Terrestre (TDT) empezaron a emitir nas súas novas ubicacións, debido ao denominado como proceso de liberación do Dividendo Dixital. O Concello de Ames lembra que o Ministerio de Industria pon a disposición dos cidadáns unha páxina web (www.televisiondigital.es) na que se ofrece toda a información sobre este proceso e os pasos a dar para a sintonización dos televisores.

A través desta web (www.televisiondigital.es), os cidadáns poden consultar unha guía de axuda á sintonización das canles da televisión. Ademais, lémbrase que as comunidades de propietarios de vivendas con instalacións de antenas colectivas teñen que contactar cun instalador rexistrado para que realice as adaptacións necesarias. O Ministerio de Industria lembra que este proceso de adaptación non ten custo para o cidadán.