Xoves, 31 de xullo de 2014
[31-07-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, informa de que durante o mes de agosto realizaranse obras de acondicionamento no comedor do CEIP A Maia de Bertamiráns, polo que os nenos e nenas que participan no programa de conciliación de vida laboral e familiar Escola de Verán estarán no edificio de infantil, situado á dereita da entrada do centro de ensino. A Escola de Verán desenvólvese de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas.




