Mércores, 27 de agosto de 2014
[27-08-2014] O Concello de Ames informa de que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia publicou unha nota informativa sobre a problemática xurdida nos últimos días coas avespas asiáticas, así como tríptico de actuación ante posibles aparicións de avesporeiros. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter esta documentación. Tamén se pode descargar esta documentación na páxina web da Fegamp (Banner Recursos para concellos).