Pestanas principais

Información pública do prego de condicións que rexerán a adxudicación de concesións de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames

Martes, 22 de agosto de 2017

[22-08-2017] O Concello de Ames informa de que en conformidade co artigo 87 do Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das Entidades Locais, e con carácter previo á súa licitación, sométese a información pública o prego de condicións que rexerán a adxudicación de concesións de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames, situado no lugar de Os Batáns, durante un prazo de trinta días hábiles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

Durante este prazo calquera persoa poderá presentar reclamacións ou suxestións a este prego. Pódese consultar dita información no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.