Xoves, 14 de abril de 2011
[14-04-2011] O Concello de Ames informa sobre os diferentes aspectos relativos ás actividades da Primavera lúdica, que terán lugar en Bertamiráns e no Milladoiro, durante os días 18, 19, 20 e 25 de abril en horario de 07:30 h. a 16:00 horas.
Este programa de conciliación laboral e familiar está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Primaria. Con este servizo preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permita as nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.




