Martes, 21 de xuño de 2011
[21-06-2011] Chegou o verán e o Concello de Ames pon en marcha un ano máis o programa do Xuño lúdico. Este servizo permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. O Xuño lúdico desenvolverase durante os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter información de interese sobre as actividades do Xuño lúdico que se desenvolverán no Milladoiro e Bertamiráns.